O presidente da RAG recibe o alcalde de Zas

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, recibiu esta mañá o alcalde de Zas, Manuel Muíño, na sede temporal da institución no polígono de Pocomaco. O rexedor fíxolle entrega de exemplares da antoloxía poética de Enrique Labarta Pose (Baio, Zas, 1863 - Barcelona, 1925) editada por Galaxia co patrocinio do Concello de Zas, do que era natural o escritor e xornalista. 

O volume, ao coidado de Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela, forma parte das iniciativas que a Comisión Labarta Pose está a desenvolver no marco da súa campaña de reivindicación dun Día das Letras Galegas para o autor.

Na xuntanza tamén participou Tania Carreira, técnica de cultura do Concello de Zas.