Víctor F. Freixanes recibiu a Juan Lema na sede provisional da RAG durante os traballos relacionados coa rehabilitación do edificio da rúa Tabernas da Coruña, situada no polígono de Pocomaco, e interesouse polas iniciativas que ten previsto desenvolver a Real Academia Galega de Ciencias no segundo mandato que Juan Lema comeza á fronte da institución.
O nacemento da Real Academia Galega de Ciencias garda unha estreita relación coa propia Real Academia Galega. A institución centrada na ciencia e na tecnoloxía foi creada a iniciativa de seis académico de número, Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Luis Iglesias Iglesias, Domingo García Sabell, Antonio Fraguas e Uxío Torre Enciso.