Francisco Pita, Gonzalo Contreras e Xosé Ramón Barreiro
O escritor Gonzalo Contreras -acompañado na súa visita polo presidente da asociación cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada, Francisco Pita- foi recibido polo membro de número Xosé Ramón Fernández Barreiro, quen foi o encargado, así mesmo, de ilustrar o escritor chileno sobre a historia e as funcións desenvolvidas por esta corporación, salientando a importancia decisiva do apoio da comunidade galega emigrada en América no proceso da súa constitución e mantemento.
O escritor chileno, pola súa parte, fixo doazón á Academia do seu último libro publicado, La cultura con Allende (2014), no que analiza os aspectos máis relevantes da produción artística e cultural do país andino durante esta etapa crucial da súa historia contemporánea.