Fragmento do Vocabulario
O Día Internacional dos Arquivos conmemora a posta en marcha, o 9 de xuño de 1948, do Consello Internacional de Arquivos (ICA), creado baixo os auspicios da UNESCO co obxectivo de reunir e organizar todas as institucións encargadas da defensa, conservación e protección do patrimonio documental.
O Arquivo da Real Academia Galega (ARAG) consta máis de 150 fondos documentais gardados en máis 1.100 caixas. De ampla cronoloxía -abrangue dende o século XI ata os nosos días- e tipoloxía moi variada, o Arquivo da Academia procede maioritariamente, no que atinxe á súa forma de ingreso, da doazón dos membros da Academia e outras figuras senlleiras da vida cultural galega.
O documento que publicamos hoxe é unha peza de singular importancia para a nosa cultura en xeral, e para a historia da Academia en particular. Trátase dun fragmento do Vocabulario do escritor, etnógrafo e membro correspondente da Academia, Luís Tobío Campos (1861-1943), quen foi, ademais, pai do diplomático e intelectual galeguista Lois Tobío, e curmán de Rosalía de Castro. Tobío Campos foi, así mesmo, un dos principais impulsores da comisión encargada de redactar e publicar o primeiro Dicionario da Academia (1913-1928).
Unha copia deste documento pódese descargar aquí.