'Never more' un poema de Luz Pozo a María do Carme Kruckenberg

A poeta e académica Luz Pozo réndelle homenaxe deste xeito á escritora viguesa María do Carme Kruckenberg, recentemente finada.
Luz Pozo Garza.
Luz Pozo Garza


Nada en Ribadeo en 1922 e membro de número da Academia desde 1996, a poeta Luz Pozo é autora de máis dunha ducia de obras que lle valeron numerosos recoñecementos, entre eles, o Premio da Crítica de poesía galega no ano 2009 por Deter o día cunha flor, ou o Premio Cultura Galega das Letras do 2013.

Never More

A Chuchi e a Cristina

Deixounos no silencio
No momento máis íntimo.

Entraba o Día das Letras Galegas
onde ela tiña un lugar reservado
despois de tanto amor á súa Terrra...

Escribía con paixón da súa cidade
das súas xentes
da inxusta sociedade en que vivía

Quixo arranxar o mundo
e as súas leis

facer un paradiso
dun inverno confuso e insalvable
daquela sociedade conformista

e transformalo todo
noutras mil e unha noites
da pura transparencia
esclarecida...