O diálogo na libraría Mujeres constituíu tamén un punto de encontro entre dúas autoras de xeracións diferentes recoñecidas pola crítica. Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) colleitou numerosos premios ao longo da súa carreira, entre eles o Premio Naciona del Narrativa 2022 por As malas mulleres, e María Sánchez (Córdoba, 1989), veterinaria e autora do poemario Cuaderno de campo e ensaios como Tierra de mulleres -no que defende o papel das mulleres no medio rural-, mereceu galardóns como o Premio Nacional de Xuventude 2019 na modalidade de cultura pola súa contribución a visibilizar a necesidade de manter a vida no campo.
O programa Afinidades Electivas conta nesta edición tamén cos académicos Henrique Monteagudo e Manuel Rivas, en diálogo con dous autores en lingua vasca. O primeiro participou nun encontro na libraría Bahía de Lugo con Edurne Portela e Manuel Rivas dialogará o 5 de outubro, na libraría Rafael Alberti de Madrid, con Bernardo Atxaga.