Inauguración da Casa-Museo Manuel María

O novo espazo nace coa vocación de se converter nun foco de irradiación cultural no corazón da Terra Chá.
Imaxe do público asistente ao acto
O acto contou con varias actuacións musicais


Ao acto inaugural asistiu, ademais dun numeroso público, unha ampla representación de figuras sobranceiras nosa cultura, desde os músicos Miro Casabella, Xurxo Souto e o grupo Berrogüeto, ata os escritores Luz Pozo, Bernardino Graña, Darío Xohán Cabana, Méndez Ferrín, Marica Campo, Pilar Pallarés ou Fernán Vello.

O responsable da Fundación Manuel María, Alberto Ansede, e a viúva do poeta, Saleta Goi, evocaron na súas intervencións o firme compromiso que o poeta chairego mantivo coa nosa lingua ao longo toda a súa vida, e a satisfacción que lle suporía ver a súa casa natal aberta a toda Galicia, e convertida –grazas á súa nutrida biblioteca e pinacoteca- nunha porta de acceso ao coñecemento da nosa cultura.