A Sección de Literatura da Real Academia Galega réndelle homenaxe a Paco Martín no corenta aniversario da publicación da súa novela Das cousas de Ramón Lamote, coa que gañou para as letras galegas o primeiro Premio Nacional de Literatura e todo un clásico da literatura infantil e xuvenil galega.
PROGRAMA
Isabel Soto en conversa con Paco Martín
Lois Pérez De cando o señor Lamote argallou un escritor chamado Paco Martín
Alejandro Tobar Os libros que nos unen
Actuación musical de Branca Villares
Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala