Ingreso de Xosé Luís Regueira

O 2 de xuño de 2012 tivo lugar no salón de actos da Academia a recepción como académico de número do profesor Xosé Luís Regueira Fernández. O seu discurso foi respondido por Manuel González González en nome da Academia.

Entrada do novo académico no salón de actos acompañado dos numerarios Henrique Monteagudo Romero e Bernardino Graña Villar.

O catedrático Xosé Luís Regueira dando lectura ao seu discurso de recepción "Oralidade: reflexións sobre a lingua falada no século XIX"

Imaxe do público asistente ao acto.

O académico Manuel González González durante o seu discurso de resposta.

O novo académico recibe a felicitación dos seus compañeiros.

Imaxe do Xosé Luís Regueira Fernández coa medalla da Real Academia Galega.