Día das Letras Galegas 2011. Lois Pereiro

O 17 de maio de 2011 celebrouse na localidade natal do poeta, Monforte de Lemos, o Día das Letras en homenaxe a Lois Pereiro.

Cartel anunciador dos actos conmemorativos do Día das letras Galegas de 2011, dedicados a Lois Pereiro.

A Banda Municipal de Monforte de Lemos abriu a comitiva dende a Casa do Concello de Monforte de Lemos cara a Casa de Cultura, lugar onde se celebrou a Sesión plenaria extraordinaria e pública da RAG.

Os asistentes á Sesión plenaria extraordinaria da RAG, na Casa da Cultura de Monforte de Lemos.

A Sesión plenaria extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas dedicada a Lois Pereiro estivo presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, o, e os demais membros da Comisión executiva.

Intervención da académica numeraria Margarita Ledo Andión.

Un momento do discurso do académico de número Darío Xohán Cabana.

A académica de número Luz Pozo Garza.

A sesión rematou coa interpretación do Himno galego da man do Grupo de gaitas do Concello de Monforte.