Fina Casalderrey (Pontevedra, 1951) é autora de máis de medio cento de obras traducidas –entre outras linguas- ao portugués, ao castelán, ao catalán, ao eúscaro ou ao bretón, polas que foi galardoada con numerosos premios entre os que se contan o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa, e o Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil por O estanque dos parrulos pobres.
A nova académica ten participado ademais, ao longo da súa longa experiencia como docente, en numerosos proxectos de investigación pedagóxica e de promoción do galego no ensino.
A súa incorporación á Academia supón, asemade, un recoñecemento da importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura.
Páxina persoal da nova académica.
Na mesma sesión do plenario, acordouse nomear académico correspondente ao historiador da ciencia, Xosé Antón Fraga Vázquez.