Fina Casalderrey, boa e xenerosa 2016

A escritora Fina Casalderrey, membro de número da Real Academia Galega, é unha das catro persoas distinguidas este ano cos Premios Bos e Xenerosos 2016, concedidos pola Fundación Eduardo Pondal. O acto de entrega dos galardóns tivo lugar o pasado 15 de maio na sede da fundación, en Ponteceso. Casalderrey recibiu o premio das mans de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG.
Fina Casalderrey
A escritora e académica Fina Casalderrey recolle un dos premios Bos e Xenerosos 2016 das mans do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero.


Xunto a Fina Casalderrey, a Fundación Eduardo Pondal recoñeceu o traballo a prol de Galicia da actriz Isabel Blanco, do gaiteiro Carlos Núñez e do ornitólogo José Luis Rabuñal. A escritora definiuse como "unha mestra de escola que escribe" e tivo palabras de lembranza para Manuel María, protagonista do Día das Letras Galegas de 2016.

Esta nova distinción súmase a unha longa lista de recoñecementos que Casalderrey colleitou ao longo da súa traxectoria como escritora, na que publicou sobre todo obras para o público infantil e xuvenil. Un dos últimos que recibiu foi o Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Letras, que recolleu o pasado mes de decembro.

Entrevista a Fina Casalderrey nesta ligazón.