'Cruceiro', de María Mariño

Na poesía de María Mariño (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) a visión mística da paisaxe atopa a súa expresión en formas que adoito superan os límites da sintaxe.
Cruceiro de Santiaguiño do Monte, en Padrón
Cruceiro de Santiaguiño do Monte, en Padrón, (Arquivo RAG)


O poema que transcribimos máis abaixo, tirado do libro Palabra no tempo, publicado en 1963 na Coleución Tesos Cumes, da editorial luguesa Celta, foi o único editado en vida da autora e conta, así mesmo, cun limiar de Otero Pedrayo.

Cruceiro
Entre o cruceiro vou indo e del non me sei volver.
Somos terra de cruceiro,
somos coroa esquecida,
somos bágoa d'outro peito.

No ano 2007, a Academia dedicoulle o Día das Letras Galegas a María Mariño.