O II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal establece tres categorías diferenciadas por idades e amplía o número de galardóns. Ademais de repartir agasallos de carácter tecnolóxico, ontempla a publicación dos textos gañadores nas páxinas webs da RAG e de PuntoGal e na revista Luzes, que colabora no certame e que tamén publicará unha escolma doutros textos presentados ao certame.
O xurado está formado por dous membros da Real Academia Galega, dous membros da Asociación PuntoGal e un membro do comité de redacción da revista Luzes. A súa composición farase pública canda a resolución do premio.