Basilio Losada, tras o nomeamento como académico de honra, recibe o aplauso do público. Foto: Xosé Castro
"Decidín finalmente falar aquí de Rosalía de Castro porque Galicia é, teño para min, o único país do mundo construído e mantido en vida polos seus poetas, e cunha muller en cabeza deles. Interesábanme especialmente as razóns que a levaron a escribir poesía en galego despois de iniciar a súa obra en castelán, e de facelo centrada sobre todo na narrativa", xustificou Basilio Losada, nomeado académico de honra en recoñecemento ao seu labor incansable na defensa e na difusión da nosa cultura.
O novo académico de honra detívose primeiro en La hija del mar, obra aparecida cando a autora tiña só 22 anos e que, lamentou, "non é digna da superficialidade e do silencio"En 'La hija del mar' xa se avanza a reivindicación da participación feminina na vida social, unha constante na obra de Rosalía", sinalou Losada con que foi tratada ata hoxe por case todos os críticos". A novela amosa unha visión centrada nos problemas da muller que avanza a reivindicación da participación feminina na vida social, unha constante en Rosalía "moi explícita nas obras líricas de madurez". Pero nas súas novelas iniciais xa está presente non só a Rosalía feminista, senón tamén a súa visión existencialista ou a Rosalía social, apuntou.
Dentro dos novos vieiros para unha mellor comprensión da obra rosaliana, recomendou o libro Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro, publicado en 2012 pola Universitat de Barcelona e a asinado, entre outras, por Catherine Davis, Kathleen March, Helena González ou María do Cebreiro Rábade. Verbo do feminismo rosaliano, tamén sinalou a importancia das achegas de Pilar Pallarés, Pilar García Negro, Carmen Blanco e Francisco Rodríguez.
Sobre Flavio, novela na que volve aparecer "o enfrontamento cruel coas convencións sociais, coa norma colectiva que desconcerta aos grandes solitarios", subliñou que nela xorde tamén "a negra sombra", no que podería ser o inicio dun tema maior de Rosalía logo madurecido nun dos seus poemas maxistrais.
Losada agradeceu a Academia o nomeamento e comprometeuse a continuar a traballar en clave galega. "Seguirei pensando en Galicia todo o tempo que me quede de vida, e traballando polo país desde o meu campo de actividade", asegurou.
O presidente da RAG definiu o homenaxeado no discurso de resposta como o embaixador, desde 1960, das letras galegas en Barcelona, "na capital da República Literaria de Cataluña", e valorou de xeito especial os seus traballos, algúns pioneiros, publicados entre 1963 e 1971 na revista Grial, "o capítulo máis interesante" do seu labor como estudoso da literatura do país, considerou. Xesús Alonso Montero valorou ademais as achegas de Losada á novelística rosaliana, que contribuíron ao actual interese por ela, indicou.
O Basilio Losada tradutor (de case douscentos volumes) mereceu tamén atención. "Moitos lectores que hoxe en España, e fóra de España, gustan da literatura galega chegaron a ela"Moitos lectores que hoxe en España, e fóra de España, gustan da literatura galega chegaron a ela da man de Basilio", salientou Alonso Montero da man de Basilio Losada, tradutor de voces moi representativas da nosa narrativa, do noso teatro e da nosa poesía", recoñeceu Alonso Montero. Como activista cultural, promoveu ademais encontros entre escritores galegos e cataláns, traduciu textos dun idioma a outro e levou a literatura galega por primeira vez, en 1967, a unha enciclopedia da literatura universal en español.
Alén dos seus méritos profesionais e de activista cultural, Alonso Montero retratou con agarimo e humor o Losada "fabulador oral", autor de relatos autobiográficos engaiolantes. O acto concluíu coa lectura da carta de felicitación do equipo de Estudis Gallecs i Portuguesos da Universitat de Barcelona polo nomeamento do profesor como académico de honra. Na misiva saliéntase o traballo que Losada realizou abrindo camiño a unha escola de filólogos que en boa medida constitúe a actual sección de Estudos Galegos e Portugueses.
Nesta ligazón pode descargar o discurso de ingreso na RAG de Basilio Losada Castro e a resposta de Xesús Alonso Montero.