A nova académica viña a ocupar a cadeira de Aquilino Iglesia Alvariño e o seu discurso de ingreso, Eu tamén navegar, comeza precisamente facendo un percorrido pola extensa obra do poeta chairego de quen se confesa admiradora. A continuación, e despois de evocar a presenza do mar na súa infancia, Xohana Torres rememora a súa lectura da Odisea de Homero concluíndo: "Penélope e Ulises, poesías diverxentes".
O discurso de Xohana Torres péchase cun repaso á presenza do mar na poesía galega, desde Esquío ata Manuel Antonio. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Salvador García-Bodaño.
Pode descargar o seu discurso de ingreso aquí.