José María Arias, presidente do Banco Pastor entre 2001 e 2017, era padrón da Fundación Barrié dende 1982 e asumiu a súa presidencia no ano 2009, tras o pasamento de Carmela Arias y Díaz de Rábago. Dende esta responsabilidade, continuou o importante labor de mecenado de proxectos educativos e culturais vinculados a Galicia desenvolvido pola Fundación Barrié, como a restauración do Pórtico da Gloria ou a posta en marcha do Dicionario en liña da Real Academia Galega.
A Real Academia Galega lamenta o pasamento de José María Arias, presidente da Fundación Barrié
A Real Academia Galega lamenta o pasamento de José María Arias, presidente da Fundación Barrié, entidade coa que a RAG colabora dende hai décadas. Baixo a súa presidencia, a Barrié apoiou proxectos editoriais da Academia e reforzou a colaboración en materia lexicográfica coa promoción de iniciativas como o Portal das Palabras.