A Real Academia Galega elixe este xoves a figura protagonista do Día das Letras Galegas 2024

A Real Academia Galega celebrará este xoves, 29 de xuño, o pleno ordinario no que se elixirá a figura á que á institución lle dedicará o Día das Letras Galegas 2024. A sesión terá lugar pola mañá no pazo municipal de María Pita. Ao termo da xuntanza, ás 13 horas, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, anunciará en rolda de prensa, no salón da música,a decisión adoptada.