De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, Ricardo Carballo Calero, Carlos Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales
Segundo se recolle no Regulamento de Réxime Interno, na primeira xuntanza despois do Día das Letras Galegas o Plenario da RAG deberá escoller a personalidade literaria a quen se lle dedicará esta conmemoración no vindeiro ano. Así mesmo, saliéntase que esta debe ser "autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe". En calquera caso, deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día.
Os académicos e académicas de número reuniranse este 9 de xullo pola mañá na propia sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña. Ao termo da sesión plenaria, está previsto que o presidente, Xesús Alonso Montero, comunique a que autor se dedicará o Día das Letras Galegas de 2017.