María Xosé Queizán momentos antes do inicio do acto coas académicas Marilar Aleixandre e Margarita Ledo.
Fonte: RAG
Queizán co presidente Henrique Monteagudo, a académica Marilar Aleixandre; o concelleiro de Cultura de Vigo, Gorka Gómez Díaz, Míriam Ferradáns e as académicas Ana Romaní e Margarita Ledo.
Fonte: RAG
María Xosé Queizán recitando "Marías en acción", poema dedicado a Maruxa e Coralia Fandiño.
Fonte: RAG
María Xosé Queizán cantando con Uxía “Non, je ne regrette rien”.
Fonte: RAG
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolleu a celebración.
Fonte: RAG
Rexina Vega escolleu o poema “Logos-Grito“, do poemario Despertar das amantes.
Fonte: RAG
Marga do Val recitou “Amar a Che Guevara”, do poemario Cólera.
Fonte: RAG
Un dos poemas a Rosalía (1994) de Queizán soaron na voz de Manuel Forcadela.
Fonte: RAG
A académica Fina Casalderrey recitando “Porca miseria“.
Fonte: RAG
Andrea Nunes Brións elixiu “Revolución de abril”, poema incluído en Cólera.
Fonte: RAG
Elvira Ribeiro Tobío recitando “Escribo..“.
Fonte: RAG
Xosé María Álvarez Cáccamo escolleu “¡Irmá!”
Fonte: RAG
A académica Ana Romaní participou no recital dándolle voz a “Exiliadas da palabra”.
Fonte: RAG
María Reimóndez deu lectura a “E o verbo fíxose carne”, de Metáfora da metáfora.
Fonte: RAG
Camiño Noia escolleu o poema no que Queizán recorda a carga policial na saída da misa de Rosalía do ano 1969.
Fonte: RAG
“A amante nunca ten dentes postizos” escoitouse na voz de Míriam Ferradáns, quen conduciu ademais o acto.
Fonte: RAG
Xavier Baixeras recintando “Nómada”.
Fonte: RAG
O presidente da Academia, Henrique Monteagudo, con María Xosé Queizán.
Fonte: RAG
Marilar Aleixandre lendo “A escrita sen límites”, texto dedicado á homenaxeada.
Fonte: RAG
O público seguindo o acto no MARCO.
Fonte: RAG
María Xosé Queizán cantando con Uxía.
Fonte: RAG
María Xosé Queizán cantando con Uxía.
Fonte: RAG
O MARCO acolleu a homenaxe.
Fonte: RAG
María Xosé Queizán.
Fonte: RAG
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), a cidade da homenaxeada, acolleu a celebración organizada pola RAG co apoio do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra. O público ateigou o auditorio para se sumar a unha festa da palabra no que trece voces literarias de distintas xeracións recitaron versos de María Xosé Queizán, recollidos na plaquette que lle deu título ao encontro, María Xosé Queizán. A escrita sen límites, dispoñible na sección de publicacións.
A “insubordinada potencia emancipada da poesía de María Xosé Queizán”, en palabras da coordinadora do volume, a académica Ana Romaní, queda ben reflectida nos versos que ao longo da tarde foron recitando Rexina Vega, Marga do Val, Manuel Forcadela, Andrea Nunes, Elvira Ribeiro, Pepe Cáccamo, María Reimóndez, Camiño Noia, Míriam Ferradáns, Xavier Baixeiras, Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre e a propia Romaní. As convidadas e convidados leron tamén os seus pequenos comentarios que se reproducen igualmente no volume co que foi agasallado o público. Textos de recoñecemento a unha creadora que “trae a experiencia das mulleres para o centro da trama”, indica a académica Margarita Ledo, encargada da gabanza, na que foi trazando un retrato de Queizán a través de momentos vitais compartidos. “Debémosche o converter a palabra silenciada das mulleres nunha Festa. A reivindicación do noso dereito á felicidade, á alegría, na túa escrita sen límites”, agradécelle á homenaxeada Marilar Aleixandre noutro dos textos recollidos na publicación.
María Xosé Queizán debutou ben nova como escritora, coa publicación en 1965 d’A orella no buraco. Con só 26 anos deuse a coñecer co que é un dos títulos de referencia da Nova Narrativa Galega no que trouxo ás nosas letras os principios do Nouveau Roman. A finais dos 70 presentouse como ensaísta con A muller en Galicia (1977), e uns anos despois, en 1983, fixo realidade un soño: o lanzamento da revista Festa da Palabra Silenciada. Pero como poeta foi unha autora serodia. “Non escribín poesía en serio ata 1990, cando me decatei de que podía escribila como escribía ensaio”, conta nas súas memorias, Vivir a galope (2018). Sucedéronse a partir dese momento os poemarios Metáfora da metáfora (1991), Despertar das amantes (1995) e Fóra de min (1995), recollidos canda outras obras pezas soltas ou inéditas en Non o abras como unha flor (Poesía reunida. 1980-2004); e xa co novo século Cólera (2007) e Lesbiar (2015).
A súa é unha poética —conclúe Margarita Ledo— que “reclama que abramos todos os sentidos á súa percepción, ao confronto cos espazos regrados, coa súa posta en solfa nos roles, nos valores incorporados, na incapacidade para decidir, na instrumentalidade do corpo, no discurso amoroso como retórica de submisión”.
“Renderlle homenaxe a María Xosé Queizán é renderlle homenaxe á Galicia inqueda (...). Queizán é valentía”, manifesta Manuel Forcadela na súa achega á celebración, para a que elixiu tamén os versos que Queizán lle escribiu a Rosalía. A forza vital da súa escrita, salienta María Reimóndez, “lémbranos a forza da palabra para (auto)crear (se/nos)”. Unha escrita sen límites que ten ademais “o poder de anticiparse a todas as grandes preguntas que definen o actual presente e, probablemente, tamén o inminente futuro”, analiza Rexina Vega.
En representación do Concello de Vigo, no acto tamén tomou a palabra o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, que definiu a María Xosé Queizán, como “un referente para a toda a sociedade“.


























