O galardón da Academia Galega do Audiovisual para a cuarta longametraxe de Margarita Ledo súmase ao premio especial á mellor dirección dun filme estatal do Festival de Cine de Sevilla, onde se estreou o pasado mes de novembro.
A académica Margarita Ledo, premio Mestre Mateo ao mellor documental
Margarita Ledo Andión recolleu o pasado sábado o premio Mestre Mateo ao mellor documental por Nación. O filme dirixido pola académica de número narra a historia das mulleres que loitaron contra o peche da fábrica de cerámica de Pontesa.