A Academia celebra o pleno de elección da nova presidencia

A Real Academia Galega celebra este sábado, 24 de abril de 2021, o pleno extraordinario de elección da nova presidencia. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, a única formalizada é a de Víctor F. Freixanes, que opta á reelección tras rematar o pasado 26 de marzo un primeiro mandato á fronte da institución.
 

O candidato informará en rolda de prensa do resultado da reunión, unha vez esta conclúa, no salón de actos da Real Academia Galega (rúa Tabernas 11 – A Coruña).