Fotogalería Arquivo
O Arquivo da Real Academia Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades, e conservada para a xestión, a información, a cultura e a investigación. Isto, que pode dar lugar a pensar nun nacemento paralelo a institución no 1906, non foi tal; até o ano 2000 non é cando xorde o arquivo propiamente dito, organízase de xeito sistemático a documentación e crease a árbore de clasificación, sendo no ano 2013 cando se aproba no plenario o seu regulamento, pasando no ano 2017 a integrarse e difundirse no portal dos arquivos galegos xestionado pola subdirección xeral de arquivos da consellería de Educación e Cultura, GALICIANA.
Depósitos do arquivo e portal do Arquivo na web institucional
Amais da documentación que atinxe a institución, componse dunha ampla gama de fondos persoais, de asociacións e empresas, xunto con diversas coleccións, onde sobresaen as fotográficas, groso modo, falamos dun arquivo histórico de tamaño pequeno/medio (ao redor de 150 fondos, máis de 100.000 fotografías e preto xa dos 40.000 documentos). Todos eles conforman o tesouro patrimonial galego, sendo o noso un parte relevante do mesmo pola súa relevancia e interese cultural galega e internacional en tódolos eidos da mesma.
Anverso e reverso do cartel do primeiro día das letras galegas de 1963 dedicado a Rosalía. Cartel do derradeiro día das letras galegas de 2026 dedicado a Begoña Caamaño.
Accións da Société Anonyme des Tramways Électriques de la Galice (Bruxelas) 1907 Carp 59-04
Retrato de John Wilkes Booth, asasino de Abraham Linconl, pertencente ao album de cart de visit de Alexandra Murguia AL 3-15-03
Autógrafo de Albert Eisntein pertencente ao libro dos mesmos de Juana Fernández Pintos de Bóveda C-368-1
Unha boa mostra da súa relevancia é a densidade temporal do mesmo, o documento máis antigo que conserva o arquivo é un pergameo do ano 1117 escrito en Latín e o máis moderno aínda está por chegar.
Pergameo máis antigo escrito en galego da colección da RAG, con data de 10 de maio 1259. Sancho Fernandez e a súa dona Maior Fernández, filla de Fernán Pérez de Andrade, venden ao mosteiro de Caaveiro as súas eguas. P. Caixa 2-46
Fotografía do mariña da Coruña 07/2026 .Colección de fotografías da Academia.
Outra das alfaias custodiadas é o excepcional fondo da familia Pardo Bazán, que inclúe o da propia escritora Emilia Pardo Bazán. Após da documentación patrimonial da familia, os manuscritos literarios que dela se conservan, así como as galeradas e as correccións das súas obras, atópanse no arquivo, único referente no mundo para o estudo da autora. Este fondo, que posúe unha relevancia significativa debido á sona da escritora, ten ademais unha parte patrimonial de grande interese para estudar as rendas e o patrimonio da aristocracia do século XIX. O arquivo da Academia, consciente do valor único e inconmensurable do dito fondo, procura conservalo e completalo con especial dedicación.
Manuscrito coas grallas e correcións de Vampiro. Fondo Familia Pardo Bazán Caixa 257 9
Tarxeta postal enviada por Doña Emilia enviada a Francisco Silvela con anotacións manuscritas dela e unha fotografía súa. FS 1-69
Os arquivos dos persoeiros máis significativos da cultura galega tamén forman parte dos fondos do arquivo da Academia: Eduardo Pondal, Manuel Murguía e Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Fermín Bouza-Brey, Irmáns da Iglesia, Marcial del Adalid, Sofía Casanova, Pura Vázquez e un longo etcétera. Son fondos que abranguen innumerables materias: música, política, literatura, historia, ciencias, fotografía... Trátase, en definitiva, da historia de Galicia dos últimos séculos a través das súas elites culturais. As obras conservadas son maiormente literarias, mais tamén doutras ciencias e coñecementos.
Manuscrito de Lestrobe, cantar popular autógrafo de Rosalía de Castro MO 21-20
Retrato de Rosalía de Castro de María Cardarrely, restaurado dixitalmente. FS 06-43
Retrato de Manuel Murguía cun decorado no marco FM 14-04
Herbario dos Irmáns da Iglesia. Tesouro Colección de plantas galegas elaborada por Antonio e Francisco de la Iglesia. É probable que Santiago de la Iglesia colaborase na recollida dos exemplares. As plantas están conservadas en papel secante e follas de papel de xornal. Cada exemplar vai acompañado dunha ficha onde se indica a data, lugar de recollida e outras observacións. C-94-A
Un dos trazos característicos dos Estados contemporáneos (e que gaña importancia a medida que aumenta o seu poder) é o volume, a densidade e a eficacia organizativa dos seus arquivos históricos, así como o número e a cualificación dos investigadores e analistas que traballan neles. O arquivo da Real Academia Galega e os seus usuarios é unha boa mostra diso, sendo o fondo propio da Academia un exemplo paradigmático, coma pódese observar na recente muda da letra do himno galego aprobada polo parlamento galego.
Carta de Eduardo Pondal a Banet Fontenla pola grallas da letra do himno. R-1156-03 11 de xaneiro de 1913.
Outro aspecto salientábel e o acrecentamento dos fondos persoais, de asociacións e coleccións que produciuse principalmente grazas a doazóns de particulares. A variedade temática dos conxuntos ingresados nestes derradeiros anos foi notábel: documentación fotográfica, musical, cultural, literaria, epistolar, sindical e política etc. Toda cun denominador común, o interese para o país. Dando mostras da excelente saúde, vitalidade e futuro do arquivo, sendo o celme do mesmo para os vindeiros e ilusionantes anos por vir.
Vila de Corme e familia Pillado Rivadulla (Fondo Familia Pillado)
Libro de Contas da banda Garrote ano 1909 e partíchelas da diana Xa canta o Galo do músico galego Ricardo Dorado 1957 (Colección Xabier Garrote Cobelo)
Folla manuscrita da primeira tradución ao galego do Quijote de Cervantes de Juan Beceiro Amado 1970 (Fondo Juan Beceiro Amado)
Recibo do pago da cota de socio do Real Club Deportivo a nome de Paulina Otero ano 1931 (Fondo Villaverde Velo)


