Biblioteca

Presentación

Aínda que contén fondos relacionados con diversas disciplinas, a biblioteca da Real Academia Galega está especializada na área das humanidades, sobre todo nos campos da historia, etnografía, lingua e literatura de Galicia etc., polo tanto é de consulta obrigada para calquera investigador da cultura galega.

A colección iníciase en decembro de 1905 coas doazóns realizadas por membros da institución e por autores que foron remitindo as súas obras.

Xa en 1919, foi doada parte da biblioteca do Convento de Montefaro, constituíndo o fondo máis antigo da Biblioteca da RAG. Nese mesmo ano, ingresou tamén a biblioteca de Xosé Fontenla Leal, iniciador e membro de honra desta institución e excepcional bibliófilo. Posteriormente, a Biblioteca continuou medrando coa incorporación de bibliotecas individuais, como a de Emilia Pardo Bazán, Manuel Murguía, Marcial del Adalid ou Luís Seoane, entre outras. Actualmente recibe, así mesmo, fondos mediante compras, doazóns de autores e editoriais e mais intercambios con diversas institucións galegas.

Galería

Catálogo

Procura nos fondos da Biblioteca

Biblioteca virtual

Este espazo facilita o acceso a importantes obras do século XIX

A Real Academia Galega ofrece, en versión dixital, unha parte dos seus fondos bibliográficos e hemerográficos grazas ás Subvencións para a dixitalización do Patrimonio Cultural Galego e a súa preservación e difusión no recolector de Galiciana – Patrimonio Cultural de Galicia, xestionadas pola Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en coordinación coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia.
Responsive Image
Responsive Image
Responsive Image
Responsive Image

Servizos

Información e referencia

Aténdense as consultas na propia Biblioteca e tamén por teléfono, fax, correo postal e correo electrónico. Están a disposición dos usuarios o catálogo e mais unha colección de referencia de libre acceso na sala de lectura.

Consulta na sala

Agás a colección de libre acceso, é necesario cumprimentar unha papeleta de pedimento e acatar as normas existentes para un correcto uso dos fondos.

Ver normas de uso (PDF)

Reprografía

As reproducións de fondos están limitadas polas características e estado de conservación dos mesmos así como pola lexislación sobre propiedade intelectual vixente.

Formulario de reprodución (PDF)

Horario de atención ao público

  • De luns a venres
    • de 9:00 a 14:45

Horario de verán

Meses de xullo e agosto

  • de luns a venres
    • de 9:00 a 14:15

Por causa das obras de rehabilitación da súa sede, os servizos da RAG prestaranse exclusivamente, salvo solicitudes especiais, de xeito non presencial, por vía telemática ou telefónica.

As persoas usuarias dos servizos de arquivo, biblioteca e hemeroteca deberán pedir cita previa a través dos seguintes medios:

Teléfono
981 20 73 08

Correos electrónicos

  • arquivo@academia.gal
  • biblioteca@academia.gal
  • hemeroteca@academia.gal

Días de peche 2024:

  • 1 de xaneiro
  • 6 de xaneiro
  • 13 de febreiro
  • 28 e 29 de marzo
  • 1 de maio
  • 17 de maio
  • 24 de xuño
  • 25 de xullo
  • 15 de agosto
  • 12 de outubro
  • 1 de novembro
  • 6 de decembro
  • 25 de decembro