Xuntanza coa alcaldesa de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu hoxe no pazo municipal o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. Na xuntanza, os representantes de ambas as institucións estudaron posibles fórmulas de colaboración entre a Academia e o Concello de Lugo.

Pola esquerda, Lara Méndez, Henrique Monteagudo e Víctor F. Freixanes. Fonte: Concello de Lugo


No encontro, no que tamén participou o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, a alcaldesa e os representantes da Academia coincidiron á hora de manifestar a súa preocupación pola transmisión interxeracional da lingua galega e no interese de impulsar accións de promoción do idioma.