Xosé Luís Regueira foi nomeado director do ILG na xunta de goberno do instituto celebrada esta mañá logo de ser proposto por unanimidade como candidato nunha xuntanza do seu consello científico. O académico de número sucede a Ernesto González Seoane, membro correspondente da RAG, á fronte dunha institución que desenvolve, desde a súa fundación en 1971, unha intensa actividade investigadora nos eidos da lingüística e da filoloxía galegas. El mesmo é membro desde 1981 deste centro, onde centra a súa actividade investigadora na fonética e na fonoloxía.
Como membro numerario da RAG, é secretario da revista Cadernos de Lingua, membro dos seminarios de Sociolingüística e Gramática e codirector dos Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia.