Xabier Quiroga e Gonzalo Hermo, Premios da Crítica española 2014

Foron premiados na categoría de Narrativa por Zapatillas rotas e na de Poesía por Celebración respectivamente.
Gonzalo Hermo e Xabier Quiroga.
Gonzalo Hermo e Xabier Quiroga (Galipedia)


Concedidos anualmente pola Asociación Española de Críticos Literarios, os membros do xurado dos Premios da Crítica reunidos en Pontevedra escolleron a novela Zapatillas rotas, do narrador Xabier Quiroga (O Saviñao, 1961) editada por Xerais, e o poemario Celebración, do poeta Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) dada ao prelo por Apiario, como as mellores entre as publicadas en galego durante o ano 2014.

Os Premios da Crítica -sen dotación económica e considerados entre os máis prestixiosos do estados español- foron creados en 1956 para as obras en lingua española e conta, desde 1976, cunha sección para obras publicadas en lingua galega que leva distinguido en edicións anteriores, entre outros, a autores como os membros de número da Academia Luz Pozo, Xohana Torres, Salvador García-Bodaño, Víctor Freixanes ou Manuel Rivas.