A Real Academia Galega celebra a X Xornada de Onomástica Galega, dedicada aos nomes do mar, o vindeiro 4 de outubro no Museo de Pontevedra. Inscrición NESTA LIGAZÓN.
Mañá
10:00-10:30 Presentación
10:30-11:00 María de los Ángeles Piñeiro Antelo
Evolución de topónimos e talasónimos na cartografia de Galicia
11:00-11:30 Helena Domínguez García
Lance á talasonimia popular: o traballo de campo
11:30-12:00 Debate
12.00 Pausa café
12:30-13:00 José Benito Rodríguez Álvarez, Tito O Chirro
As marcas do mar dos guardeses
13:00-13:30 Xosé Lois Vilar Pedreira
Un tesouro do patrimonio cultural inmaterial: a talasonimia. Estratexias de difusión
13:30-14:00 Debate
Tarde
16:30-17:00 Lucía López Lires e Aarón Otero Ferrari
Nomes que navegan: barcos e bateas nas Rías Baixas
17:00:17:30 Xosé Manuel Dopazo Entenza
Aceptamos barco como animal de compañía. Proposta de unidade didáctica para a análise da naonimia en 2º da ESO
18:00-18:30 Xurxo Souto
A ruta de Ulises Fingal
19:00 Clausura