Carlos Negreira e Xesús Alonso Montero durante a sinatura do libro de ouro do concello
A delegación da Academia composta polo seu presidente, Xesús Alonso Montero, e a súa tesoureira, Rosario Álvarez Blanco, foi recibida polo alcalde da Coruña, Carlos Negreira, quen logo da recepción dos académicos, sinalou a necesidade de seguir mantendo no futuro a estreita relación que une as dúas institucións desde hai máis dun século.
Pola súa parte, o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, logo de asinar no libro de ouro da cidade, evocou no seu discurso a longa xeira durante a cal as instalacións da Academia foron acollidas no Pazo de María Pita, así como a importancia da cidade da Coruña no renacer cultural galego.