Valdeorras, a prol da figura histórica de Florencio Delgado Gurriarán

Unha representación dos concellos e asociacións culturais da comarca de Valdeorras visitou a Real Academia Galega para expresar o seu interese por recuperar a figura e a obra do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903-Fair Oaks, California, 1987), un dos perseiros representativos da Galicia no exilio de México e Estados Unidos despois da guerra civil.

Os alcaldes de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras, Enrique Álvarez e Alfredo García; a concelleceira de Cultura do Barco de Valdeorras, Margarida Pizcueta; e a directora do proxecto "As Letras de Florencio", Débora Álvarez, posan co presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e os demais membros da executiva da RAG tras a xuntanza


O presidente da Real Academia Galega recibiu os alcaldes do Barco e de Vilamartín de Valdeorras, Alfredo García e Enrique Álvarez, a concelleira de Cultura do Concello do Barco de Valdeorras, Margarida Pizcueta, e a directora do proxecto "As letras de Florencio", Débora Álvarez.

"Algún día a RAG pensará en Florencio Delgado Gurriarán como persoa merecente dun Día das Letras Galegas", expresaron os visitantes. "Iso poñerá a Valdeorras no mapa da literatura galega. Mentres tanto, o noso obxectivo é recuperar editorialmente a obra toda de Gurriarán e continuar na nosa liña de divulgación a través de encontros, publicacións específicas e xornadas".