Un momento do primeiro faladoiro da nova tempada do programa 'Os xoves da rúa Tabernas'. Autor: RAG
Víctor F. Freixanes quixo participar na apertura da tempada do programa que se desenvolve no que foi o fogar dunha das mulleres galegas que "capitanearon a modernidade a finais do século XIX". Referiuse así á propia Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Concepción Arenal, tres figuras "que temos que reivindicar", engadiu.
Desde a súa creación en 2005, Os xoves da rúa Tabernas contaron con máis dun cento de convidados que dialogaron co público sobre temas moi diversos. Escritoras e escritores, nomes do mundo da interpretación, das artes, da socioloxía, a investigación histórica... interveñen, o primeiro xoves de cada mes, nun formato que se inspira nos faladoiros que organizaba Emilia Pardo Bazán na súa casa da Coruña, hoxe sede da súa Casa-Museo e da Real Academia Galega.
No centro da imaxe, pola esquerda, a conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso; o catedrático e académico correspondente José Manuel González Herrán e o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. Autor: RAG