Un texto de Luísa Villalta, poema da semana

Música, narradora e crítica, ademais de poeta, Luísa Villalta (1957-2004) deixou escrita unha obra na que salientan a súa preferencia polas formas clásicas, os xogos conceptistas e unha expresión contida da emoción.
Luísa Villalta
Luísa Villalta


O poema que reproducimos a continuación encóntrase no libro Música reservada, publicado por ediciós do Castro en 1991.

Insisto en que a rua son os pasos,
xilofones de oquedades graduadas,
reclamando unha vida en movimiento.
Escoita:

eses pasos que anónimos resoan
admitidos como seres, como pulsos
dalgún sangue, do pasado, como vida
como ciclos en que os ritmos se entrecruzan,
encamiñan-me a min para o silencio.