María Mariño
No aviso de lectura deste libro, Otero Pedrayo fainos a seguinte advertencia: "Polo esprito da escritora, pola fría tona da montaña, decorren as arelanzas compañeiras do esprito dende o mencer deica o adeus. Ela sabe achegarse a elas e egaiolalas. Non han de ser de moitos entendidas. Precísase un noviciado de soedade e silencio".
Cánto novo hai xordo e xordo!
Cánto vello que nos fala!
Cántos hoxes por un onte!
Cánto andar pra unha agarda!
Palabra no tempo (Ediciones Celta, 1963)