Aroa Currás e Sabela García con Juan Ignacio Borrego, Fina Casalderrey, José Manuel Pampín, Ana Santomé e Álvaro Benedictor Pérez Sancho.
Fonte: RAG
Aroa Currás e Sabela García durante a entrega dos premios.
Fonte: RAG
Sabela García Santos le o relato co que gañou na modalidade infantil, "O paxaro máxico".
Fonte: RAG
Sabela García Santos e a académica Fina Casalderrey.
Fonte: RAG
Sabela García Santos co seu premio, acompañada de Fina Casalderrey, Álvaro Pérez Sancho e Juan Ignacio Borrego.
Fonte: RAG
A entrega dos premios celebrouse no salón de actos da Fundación Luis Seoane.
Fonte: RAG
Aroa Currás García le o relato co que gañou o premio da categoría xuvenil, "A caixa".
Fonte: RAG
Aroa Currás García recolle o seu premio acompañada de Álvaro Pérez Sancho, Fina Casalderrey e Juan Ignacio Borrego.
Fonte: RAG
Ana Santomé, secretaria da asociación Os Nosos Lares e membro do xurado, le as palabras enviadas por Alma Sánchez, gañadora na modalidade de adutos.
Fonte: RAG
As premiadas cos representantes das institucións colaboradoras e do xurado.
Fonte: RAG
O alumnado do obradoiro de escritura do IES As Barxas de Moaña participou na celebración.
Fonte: RAG
Fina Casalderrey, Juan Ignacio Borrego, primeiro tenente de alcaldesa da Coruña; José Manuel Pampín, coordinador do club de lectura municipal Gándaras de Melide, e Ana Santomé, en representación do xurado; e Álvaro Benedicto Pérez Sancho, vicepresidente dos Nosos Lares, foron os encargados de facer entrega dos galardóns nun acto celebrado na Fundación Luis Seoane. “Vós facedes maxia coas palabras”, díxolles a escritora e académica ás gañadoras e aos demais mozos e mozas presentes no acto que comparten a afección da escritura. Juan Ignacio Borrego agradeceu, pola súa banda, iniciativas coma este certame que, dixo, contribúen a "facer sociedade" e animou a mocidade a escribir, publiquen ou non os seus textos. José Manuel Pampín estendeu o convite á lectura, "unha fonte de riqueza que permite entrar en mundos fantásticos".
O certame de relato breve que convoca Os Nosos Lares é unha iniciativa que recupera o topónimo literario que Emilia Pardo Bazán lle deu ao barrio coruñés de Palavea, A Erbeda, e coa que se lle rende tamén homenaxe a unha escritora que sobresaíu como novelista e articulista mais tamén como autora de relatos curtos. A Real Academia Galega, responsable da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e da custodia do arquivo e da biblioteca da narradora, apoia esta iniciativa dende a primeira edición, que se convocou cadrando co centenario do seu pasamento.
“O meu relato é un cadáver exquisito das mulleres da miña familia, que tamén son grandes oradoras”, explica Alma Sánchez Núñez -que non puido asistir á entrega por motivos laborais- no texto que leu no seu nome Ana Santomé. Tradutora e docente de profesión, a gañadora do premio da categoría de persoas adultas concorreu cun conto que arrinca nos lavadoiros da Coruña de comezos do século XX e continúa no mundo das redes sociais do século XXI, e que constitúe unha homenaxe non só ás mulleres da súa familia, senón tamén a todas aquelas mulleres afoutas transmisoras da cultura popular e abertas asemade ás innovacións do mundo tecnolóxico.
Aroa Currás García foi premiada por “A caixa”, un texto cun sorprendente dominio das técnicas do relato curto. A alumna do instituto moañés acudiu acompañada da súa profesora Iria Collazo e dos compañeiros e compañeiras do obradoiro de escritura que organiza a docente. Sabela García Santos recolleu o seu galardón por “O paxaro máxico”, a aventura de dous vellos amigos dende a infancia á procura dunha ave especial polas fragas do Eume, entre outros lugares. Con el volveu cativar o xurado por segundo ano consecutivo. En 2022 xa se fixo co premio infantil por “Encerradas no castelo”, unha historia protagonizada por tres nenas.