Toponimízate en Tordoia

O concello coruñés de Tordoia acolle unha charla da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terraunha iniciativa da RAG co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O público coñecerá a orixe e o significado dos topónimos que designan o municipio, as súas parroquias e algunhas aldeas. Na sesión, impartida polo coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG, Vicente Feijoo, ensinarase ademais como se emprega a aplicación Galicia Nomeada, que lle permite á cidadanía colaborar na recolla de nomes de leiras, fontes, camiños ou devesas que corren o risco de se perder.