Toponimízate en Antas de Ulla

Antas de Ulla acolle unha charla da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terraunha iniciativa da RAG co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O público coñecerá a orixe e o significado dos topónimos que designan o municipio, as súas parroquias e algunhas aldeas. Na sesión, impartida polo coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG, Vicente Feijoo, ensinarase ademais como se emprega a aplicación Galicia Nomeada, que lle permite á cidadanía colaborar na recolla de nomes de leiras, fontes, camiños ou devesas que corren o risco de se perder.