'Testemuña', de Xela Arias, poema da semana

A poeta e tradutora Xela Arias (Lugo, 1962-Vigo, 2003) é autora dunha obra tan breve –dada a súa prematura desaparición- como radical na súa concepción e marcadamente persoal no estilo.
Xela Arias
A poeta Xela Arias


O poema que achegamos a continuación está tirado do libro Tigres coma cabalos, publicado por Edicións Xerais en 1990 e ilustrado con fotos de Xulio Gil.

TESTEMUÑA

Eu, nin andaría os pasos dun poema…

Ti, regresas ó espectáculo dos días,
espántante, son diabólicas
as agardas, as paces maníacas;
olladas solícitas, erratas.

Entretéñome nos bares: xa me coñecen
os tolleitos.

Así sucede un pouco antes
de botarmos a correr ás mortes,
diarias.