"Taberna", de Amado Carballo

Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) formou parte, xunto con Manoel Antonio, da vangarda literaria que pulou pola renovación da nosa poesía nos anos vinte do século pasado.
Amado Carballo retratado por Maside
Amado Carballo retratado por Maside


A peza que reproducimos máis abaixo está tirada do libro Proel, de 1927, que se pode consultar en liña aquí. O Galo, do mesmo autor, pódese ler nesta ligazón.

TABERNA

Chove fora. Nas pozas
aboya a luz do gas.
Na lameira da rua
entérrase un cantar.

Mariñeiros de Amberes
de Cork e Rotterdam...
O acordeón borracho
fala inglés, alemán...

. . . . . . . . . . . . . . . . . .
Na folla do coitelo
fuxe a luz cal no mar.