Salvador Garcia-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012

O xurado do Premio Cultura Galega das Letras outorgou, na súa terceira edición, este galardón ao poeta e académico Salvador García-Bodaño Zunzunegui.
Imaxe do poeta Salvador García-Bodaño
O poeta e membro de número da Academia, Salvador García-Bodaño Zunzunegui


Salvador García-Bodaño Zunzunegui (Vigo, 1935) é membro de número da Academia desde o 25 de novembro de 1992. Fanse, pois, nestas datas, vinte anos do seu ingreso a proposta de Antonio Fraguas Fraguas Fraguas, Constantino García González e Andrés Torres Queiruga.

Membro da Xeración das Festas Minervais, na extensa traxectoria como poeta, crítico e narrador de Salvador García-Bodaño, destacan obras como os libros de poemas Ao pé de cada hora, Tempo de Compostela (Premio da Crítica de 1978), Obra poética e Cantos de ausencia. Elexías. Como narrador, o seu libro Os misterios de Monsieur D´Allier, publicado en 1993, foi merecedora tamén do Premio da Crítica dese mesmo ano.