Placa conmemorativa na casa natal do poeta en Pontedeume (Galipedia)
Na súa extensa obra poética, que abrangue máis dunha ducia de títulos, a crítica salientou algúns valores constantes, como a tendencia culturalista, o ton nostálxico e a súa preferencia polas formas medidas e os metros clásicos.
Saiban os deuses que camiño só
Co meu canto de páxaros ó norte
E dóanme estes ollos coma moeda erma
Ó recibi-la luz
Das nostalxias do mar, fora en novembro,
Das vides ó baixaren polas horas tan doces.
Entre o voo e a pegada pertenzo ó que fun,
A esas mortas esencias de cuartos repartidos
No ecuador dos esquezos.
Noutro tempo de area das cidades sen búxola
Descubro certamente as grandes soidades
Dos ríos e das choivas máis alá das fenestras.
Claridade nos teixos dos xardíns en outono
Repetiume a palabra:
Todo anxo é silencio.
Escolma poética: Granada, 1990.