Tribuna

Produciuse un erro ao procesar o modelo.
The following has evaluated to null or missing:
==> navigationEntry.getLayout().getExpandoBridge().getAttribute("display_page_template")  [in template "35243#35273#111402" at line 7, column 33]

----
Tip: If the failing expression is known to legally refer to something that's sometimes null or missing, either specify a default value like myOptionalVar!myDefault, or use <#if myOptionalVar??>when-present<#else>when-missing</#if>. (These only cover the last step of the expression; to cover the whole expression, use parenthesis: (myOptionalVar.foo)!myDefault, (myOptionalVar.foo)??
----

----
FTL stack trace ("~" means nesting-related):
	- Failed at: #assign isActive = navigationEntry.ge...  [in template "35243#35273#111402" at line 7, column 13]
----
1<#if entries?has_content> 
2    <div class="header-links"> 
3	<#list entries as navigationEntry> 
4        <#assign isActive = navigationEntry.isSelected() || navigationEntry.isChildSelected()> 
5        <#assign cssClass = ""> 
6        <#if layout.isSystem()> 
7            <#assign isActive = navigationEntry.getLayout().getExpandoBridge().getAttribute("display_page_template") == layout.layoutId?string /> 
8        </#if> 
9        <#if isActive> 
10            <#assign cssClass = "header-links__item--active"> 
11        </#if> 
12		<a class="header-links__item ${cssClass}" href="${navigationEntry.getURL()}">${navigationEntry.getName()}</a> 
13	</#list> 
14	</div> 
15</#if> 

As Letras Galegas da tradución

As Letras dedicadas a Xela Arias foron tamén, en certo sentido, unhas Letras Galegas da tradución. O arredor de medio cento de textos traducidos pola homenaxeada, tanto traducións directas como indirectas e maiormente desde o portugués e o castelán, serviron para lembrarnos o labor crucial que os fluxos de tradución desempeñan na normalización dunha literatura. No caso da tradución cara ao galego ao longo das décadas de 1980 e 1990, na época de Arias, para a creación de repertorio naquelas fases incipientes que Carlos Lema denominou como "fase filolóxica ou de acumulación de capital simbólico", seguida dunha "fase comercial ou do aumento da produción". No caso da tradución desde o galego a outros espazos literarios, para iniciar un tímido proceso de internacionalización que levou tamén parella unha dose de autoestima a nivel interno.

Corenta anos despois, a Biblioteca da Tradución Galega Bitraga deixa claros os avances, cando menos en termos numéricos, cara a ese terceiro estadio acuñado por Lema como "fase autónoma ou de importación e exportación". Canto á importación, os títulos soltos e as coleccións específicas de tradución dentro de editoriais xeneralistas foron cedendo terreo a novos proxectos editoriais pequenos e independentes, centrados eminentemente na publicación de texto traducido. Nunca tanta obra allea se incorporara ao patrimonio literario galego coma nos últimos anos, enriquecendo o noso repertorio con contribucións desde tantas tradicións literarias, expresadas en tantas linguas, por tanta variedade de autorías en xéneros literarios diversos. Canto á exportación, tamén a tendencia á suba fai que hoxe a literatura galega estea dispoñíbel a lectorado estranxeiro en medio cento de linguas, desde aquelas máis hexemónicas até outras, próximas ou afastadas, que comparten co galego o seu carácter minorizado. Certo que estas correntes en alza van na liña dos fluxos transnacionais da tradución, os cales amosan un mapa literario mundial cada vez máis definido polos intercambios culturais transfronteirizos. Vivimos en mundos traducidos.

Respecto á internacionalización das literaturas a través da súa tradución, aspecto no que quero centrarme agora, cómpre contextualizar estas dinámicas de transferencia cultural na constatación, por parte de distintos gobernos de Estados-nación e de nacións sen estado, de que a exportación literaria constitúe unha estratexia clave de diplomacia cultural coa que lograr maior influencia sobre outros territorios, para así adquirir maior status político e peso a escala internacional. Desde as súas institucións culturais públicas, pois, buscan exercer poder de influencia sobre os fluxos de tradución pondo en marcha políticas de apoio á exportación literaria.

Mais ao goberno galego, a diplomacia cultural a través da tradución semella interesarlle ben pouco. Tras o avance que supuxo, no 2007, a creación dunha subvención periódica de carácter exclusivo para financiar a tradución editorial desde e cara ao galego (ao igual que xa existían noutros territorios do Estado español con linguas oficiais, e tamén en boa parte das nacións do mundo), na práctica esta medida tivo moitos aspectos problemáticos que seguen sen estar totalmente resoltos. Un atranco kafkiano: no caso concreto das subvencións a editoriais foráneas para cubriren parte dos gastos de traducir obra galega, até a última convocatoria esperábase destas empresas que entendesen unha convocatoria en linguaxe administrativa galega ou castelá, que presentasen os impresos nalgunha destas dúas linguas e que, aínda agora, dispoñan dun NIF para cursar a solicitude por vía telemática. Non é de estrañar que as editoriais estranxeiras subvencionadas sexan (case) sempre as mesmas, ou que a maioría dos cartos públicos vaian a editoriais con sede no Estado.

O desleixo da administración pública é aínda máis patente no caso da súa negativa á creación dun organismo independente encargado de maneira profesionalizada do traballo de proxección e difusión exterior da lingua e cultura galegas en todas as súas expresións, incluíndo a internacionalización e tradución do libro galego; unha iniciativa ao estilo do Institut Ramon Llull creado no ano 2001 para Cataluña e as Illas Baleares, ou do Etxepare Euskal Institutuak creado en 2010 tras a súa aprobación nunha lei de 2007. Esta negativa pode entenderse como un incumprimento flagrante do estipulado na Lei do Libro de 2006, aprobada no Parlamento galego por unanimidade, isto é, co voto tamén do partido que leva doce anos no goberno. Esta lei contempla no seu artigo 19: "A Xunta de Galicia comprometerase [...] na creación dunha Cámara do Libro de Galicia, que terá como obxectivo promover a exportación do libro editado en Galicia". As funcións desta Cámara limitábanse, na definición orixinal, á exportación do libro como xeito de apoiar unha industria editorial galega feble para que logre a venda dos dereitos de tradución das obras que publica. Isto debería incluír facilitarlles a asistencia a feiras internacionais para que os gastos non comprometan a súa viabilidade económica, ou proporcionarlles asistencia técnica na elaboración e difusión dos catálogos de dereitos. Así e todo, unha actualización ao contexto presente requiriría dun enfoque máis holístico que teña en conta as boas prácticas doutras institucións da nosa contorna. A analizalas dediquei boa parte do proxecto de investigación Stateless Cultures in Translation: the case of 21st century Basque, Catalan and Galician Literatures in the UK que vén de rematar cun acto de peche no Instituto Cervantes de Londres, e cuxas conclusións para o contexto galego están dispoñíbeis na mediateca do Consello da Cultura Galega.

Olga Castro
Académica correspondente