Presentación do dominio .gal

Grazas a esta iniciativa, todos aqueles usuarios da rede que queiran amosar a súa orixe galega poderán facelo baixo o índice .gal.
Manuel González e Alberto Núñez Feijoo
Manuel González e Alberto Núñez Feijoo


Ao acto de inauguración da primeira páxina con dominio galego, celebrado na Cidade da Cultura asistiron, entre outros, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o presidente da Asociación PuntoGal e membro de número da Academia, Manuel González e Xosé Antonio Gómez Segade, catedrático de Dereito da Universidade de Santiago.

No seu discurso, Manuel González declarou: "Cada vez que calquera usuario en calquera lugar do mundo abra un enderezo .gal estará recibindo a información subliminar, reiterada día tras día, de que existe unha lingua galega, de que existe unha cultura galega, e, en fin, de que existe un país que se chama Galicia".

A Real Academia Galega cóntase entre os promotores desta iniciativa cuxos requisitos e prazos de inscrición están expostos polo miúdo na portada de dominio.gal.