Presentación de 'Toponimia de Padrón e Pontecesures'

Fernando Cabeza Quiles presenta a súa nova achega á colección Terra Nomeada, Toponimia de Padrón e Pontecesures, na Casa de Rosalía (A Matanza - Padrón) o xoves 22 de xaneiro de 2026. O autor estará acompañado polo coordinador do Seminario de Onomástica, Antón Santamarina, e a académica Ana Boullón en representación da Asociación Galega de Onomástica, con cuxa colaboración a RAG mantén esta serie de libros sobre os nomes que designan parroquias, aldeas e outros lugares destacados dos concellos do país.

Entrada libre ata completar a capacidade do auditorio.