Presentación de 'As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía'

Diego Rodríguez González autor d'As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía. Edición e estudo dos materiais conservados, presenta o volume da súa autoría, que ve a luz na colección Anexos BRAG.

O académico correspondente estará acompañado polo presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e Gonzalo H. Castro Prado, concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, institución que apoia a publicación.

A Casa Museo Casares Quiroga (Panadeiras, 12 - A Coruña) acolle o acto, de entrada libre ata completar a capacidade da sala.