Fina Casalderrey: medrando entre historias é unha encarga do Concello de Pontevedra á Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) para lle render homenaxe a autora, nada en 1951 na parroquia pontevedresa de Xeve. O percorrido, ordenado en vinte paneis, narra a traxectoria vital e literaria dunha voz de referencia da literatura galega contemporánea, que canda outros compañeiros e compañeiras de xeracións asentou as bases das letras destinadas ao público infantil e xuvenil.
Pontevedra dedícalle unha exposición a Fina Casalderrey na praza da Ferrería
A praza da Ferrería de Pontevedra acolle ata o vindeiro 18 de maio unha exposición dedicada á académica Fina Casalderrey. A escritora, candidata aos premios Memorial Astrid Lindgren e Hans Christian Andersen -o chamado Nobel da Literatura Infantil- asistiu este xoves á inauguración da mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel. A actual tesoureira da RAG, responsable do proxecto Primavera das Letras, estivo acompañada por veciños e veciñas nun emotivo acto ao que tamén asistiu o presidente da Academia, Víctor F. Freixanes.