Baixo o lema Non hai idioma de abondo para recoñecérmonos de Xela Arias, os Premios da Crítica de Galicia distinguiron tamén a Xesús Fraga pola novela Virtudes (e misterios); Miguel Anxo Seixas pola investigación publicada baixo o título Castelao. Construtor da nación. Tomo II, Alejo Amoedo na categoría de música e Manuel Ayaso na de artes plásticas.
Na categoría de iniciativas culturais e científicas, o galardón foi para Viñetas desde ou Atlántico; na de artes escénicas premiouse a Erregueté. Revista Galega de Teatro; e na de cultura gastronómica, á Queixaría Arias Moniz.
A resolución dos galardóns deuse a coñecer o 13 de novembro durante un acto celebrado na sede de Afundación de Vigo e foi conducido pola poeta Yolanda Castaño. No seu transcurso, Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da Crítica de Galicia, fíxolle tamén entrega ao presidente do Parlamento de Galicia dun recoñecemento deseñado polo pintor Antón Pulido con motivo dos 40 anos da Cámara.