'Os camiños', de Novoneyra, poema da semana

En palabras de Ramón Piñeiro, grazas a Uxío Novoneyra (1930-1999), "O Caurel, que pasou miles e miles de anos en silecio, agora comenzou a ter voz".
Uxío Novoneyra
Uxío Novoneyra


O CAMIÑO DO MONTE

que non sei pra onde vai
Rosalía.

Vai polo monte o camiño
outeando coma un louco:
cara abaixo moi aprisa
cara arriba pouco a pouco…

Cruzo soio a serra toda
sin levar outra compaña
que a gran presencia do ceo,
sobre o silencio da braña…

Eu non sei pra onde vai,
mentras o quedo mirando.
Soio sei que alí se compre
o soño que estou soñando…


Os eidos. Vigo: Galaxia. 1955