Víctor F. Freixanes foi recibido previamente na casa consistorial de Ponteareas pola alcaldesa, Nava Castro, e membros da corporación municipal. Tras asinar no libro de honra do concello, desprazouse ao Centro Cultural de Xinzo, onde o recibiron o presidente da comunidade de montes e representantes das entidades da parroquia de Xinzo, e asinou tamén no seu libro de honra. O encargado de presentar o relatorio foi Alberte Reboreda.
O presidente da RAG participa na homenaxe ao Fresco en Ponteareas
O presidente da Real Academia Galega visitou o pasado venres Ponteareas, onde participou nunha homenaxe a Manuel González Fresco, convidado pola asociación Xe Patrimonial. Víctor F. Freixanes ofreceu un relatorio sobre o empresario e político natural deste concello pontevedrés, asasinado polos golpistas, ao que lle dedicou o libro O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, publicado por primeira vez en 1980.