O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes recibiu o presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, David Cortizo, na sede temporal da institución. No encontro tamén participaron a tesoureira da RAG, Fina Casalderrey responsable do proxecto web Primavera das Letras; e, por parte de Gálix, a vogal de bibliotecas, Leonor Mazaira, e a secretaria técnica, Mercedes Pacheco.
Na xuntanza ambas as partes amosaron a súa disposición a explorar vías de colaboración na promoción da literatura dirixida ao público máis novo e coincidiron tamén á hora de destacar a súa importancia no conxunto das letras galegas e na consolidación do hábito da lectura en galego das novas xeracións.