Francisco Coimbra impartiu a conferencia inaugural na Facultade de Xeografía e Historia da USC
Francisco Coimbra é na actualidade profesor no Departamento de Linguas Estranxeiras Modernas da Universidade Federal do Paraná, na cidade de Curitiba (Brasil). Na súa intervención ante o alumnado procedente de máis de vinte países abordou as dificultades e os atractivos que atopou na lingua e na cultura galegas. O investigador e novelista salientou que o galego é unha chave que abre un espazo cara á comunicación entre xentes de orixes diversas, alén das meras fronteiras xeográficas de Galicia.
O conferenciante animou ademais o alumnado a tomaren a palabra e implicárense de cheo na experiencia que vivirán ata o vindeiro 24 de xullo cando se clausure a que é a trixésima edición dos Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras".